O BNG de Foz esixe en Pleno a mellora do protocolo de vixiancia e control da vespa velutina
O Concello de Foz adheriuse ao Convenio da Xunta de Galicia coa Fegamp para a coordinación de actuacións no desenvolvemento do programa galego de vixiancia e control fronte á Avespa Asiática, mais tivo que suplir as numerosísimas eivas do mesmo.
O plan limítase a eliminación de niños polo que o Departamento de Medio Ambiente do Concello de Foz tivo que facer fronte polos seus medios ao trampeo das raiñas que realmente e o desexable.
Propoñen a eliminación/neutralización de niños activos de velutina pero sempre que estén situados a menos de 25 metros do chan, pero tamén a realización de actuacións que procedan cun tempo de resolución dos avisos dun máximo de 5 días laborais.
Os tempos non se cumpren, e sempre hai atrancos para o acceso aos niños especialmente se a área non está desbrozada o que permite a empresa escollida pola Xunta eludir moitos dos avisos.
Os servizos de protección civil do Concello deben facer fronte a situacións incribles como a retirada recente dun niño en pleno casco da vila contando co apoio dos parque de Bombeiros da Deputación dado a inacción da empresa da Xunta. Tendo en conta que este insecto afecta principalmente á produción apícola e que tamén ten repercusións sobre a biodiversidade e a seguridade cidadá, semella incrible que estemos ainda regateando cos recursos e tirando os cartos públicos nunha empresa que non cumple coas espectativas.
O grupo municipal do BNG propon ao pleno solicitar a consellería de Facenda que asegure e confirme o axeitado cumplimento do Convenio para control da Vespa Velutina.