O BNG de Foz insta ao apoio do colectivo enfermeiras eventuais en loita
O BNG de Foz insta ao apoio do colectivo enfermeiras eventuais en loita, cunha carta na que relatan a crise vivida.
"Vimos de asistir a unha crise sanitaria sen precedentes. Nesta crise o sistema sanitario público e universal resultou decisivo. Un sistema sanitario galego que baixou por primeira vez no que vai de século das 9.000 camas hospitalarias en funcionamento. Segundo os datos de 2020 do Instituto Galego de Estatística (IGE), o país contaba a finais de 2018 --último dato rexistrado-- cun total de 8.975, 130 menos que no exercicio anterior e case un milleiro menos que unha década antes. Destrúese a atención primaria deixando aos usuarios sen recursos día sí día tamén. Unha verdadeira extratexia cara a exterminación do sistema", din.
"Xusto un ano antes xurdía o colectivo de enfermeiras en loita que mais que nunca debe ser recoñecido. Por que, por riba do descenso dos recursos do sistema, o mais duro e a precarización das suas traballadoras especialmente no colectivo de diplomadas en enfermería. Este colectivo de mulleres e homes que coidaron das doentes de COVID 19 manténse en precario mesmo despois de ter sido clave na axuda a salvar vidas durante estas semanas de pandemia. Moitas sufriron a contratación irresponsable por parte dos diferentes departamentos de Recursos Humanos do SERGAS, poñendo en risco, tanto a pacientes como a profesionais. Con situacións incomprensibles, como ofrecer contratos de días soltos en Unidades de Hospitalización onde se atopaban casos positivos de COVID-19 e despois continuar noutras nos que se atopan pacientes de maior risco".
"Durante a pandemia unhas foron despedidas despois de infectarse durante os coidados, nunha medida miserable do SERGAS. Outras, ven agora como o SERGAS vulnera novamente os seus dereitos, sen ter en conta o Pacto de Selección temporal,sen respetar a orde da lista pública, existindo traballadoras que estiveron en unidades COVID quedando en situación de discriminación. Sufriron a contratación por días, semanas ou quincenas durante o mes de Marzo e Abril, pero non obtiveron a prórroga do seu contrato como si se fixo a persoal en números inferiores e mesmo inscrito en listas paralelas, estas últimas sen publicación oficial. A orde de prórroga (non publicada na páxina do SERGAS nin aportada ás traballadoras) realizada polos Servizos Centrais do Servizo Galego de Saúde, deixa a estas profesionais en situación de desemprego. Manteñense prácticas xa habituais do sistema case esclavista do SERGAS realizando cambios de xeito continuo na carteleira e coñecendo a mesma o día antes de comezar o contrato".
O colectivo solicita loitar contra a precariedade laboral instaurada no ámbito de enfermería, defender a sanidade pública, universal e de calidade e avanzar no recoñecemento da enfermaría como disciplina autónoma.
Así o Grupo Municipal do BNG propón ao pleno do Concello de Foz apoiar as reivindicacións do colectivo de Enfermeiras eventuais en loita, instar ao Sergas e a Xunta de Galicia a mellora das lamentables condicións laborais coas que presiona e condiciona o seu traballo, e por último a poñer fin a precariedade e a falta de recoñecemento deste colectivo, cerne do Sistema público de Saúde da Galiza.