O BNG de Foz proporá no Pleno a posta en marcha dun plan de limpeza

TerraChaXa | AMariñaXa
20 Dec 2018

O BNG-Foz proporá no próximo pleno municipal a posta en marcha dun Plan de Limpeza que asegure que todas as zonas do concello estean en bo estado en calquera época do ano , non unicamente no verán, “É un dereito dos veciños e unha obriga do goberno municipal manter o pobo limpo”, sinalan desde a formación nacionalista .



O estado da arqueta situada nas inmediacións do Paseo de Tupide diante do almacén do Náutico non é máis ca unha mostra do desinterese do Goberno Municipal polo tema da limpeza das rúas e estradas do noso concello. Neste caso en concreto é necesaria a súa reparación , porque cada vez que chove con forza, bota fóra panos sucios e compresas que se amorean arredor da tapa e na zona adxacente do paseo , e levan desde as chuvias torrenciais dos últimos meses sen seren recollidos .


A falta de limpeza do pobo é de sobra coñecida polos veciños e veciñas que, entre outras cousas, e desgraciadamente, xa estamos afeitos a ter que andar polas beirarrúas esquivando excrementos de animais,   “todo son grandes promesas en tempo de eleccións para distraer á xente , con total despreocupación polo día a día dos que circulamos a cotío polas nosas vías”. 


“Parece ser que o dereito das veciñas e veciños a circular por unhas rúas limpas , dereito financiado cos seus impostos , non existe”, apuntan desde o BNG, que consideran que  “estamos a falar dunha zona frecuentada por veciños e visitantes en calquera época do ano , de gran valor paisaxístico e situada á beira das praias” .


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19035577774048