O BNG de Foz reclama información ao goberno sobreas antenas instaladas

TerraChaXa | AMariñaXa
O BNG non entende como é posible que despois de terse entregado no Concello 721 firmas de veciños reclamando a retirada do mastro e que nunca máis se concedese licencia para instalar antenas ao lado dun Colexio Público , e despois de terse aprobado por todos os grupos da Corporación unha moción do BNG no mesmo sentido , aparezan agora tres novas antenas no alto do mastro (adxuntamos foto ) O BNG non vai quedar cos brazos cruzados diante desta demostración de desprezo pola vontade dos veciños e dos representantes do pobo .
Captura de pantalla 2019 01 23 a las 13.05.53
19 Feb 2019

O BNG non entende como é posible que despois de terse entregado no Concello 721 firmas de veciños reclamando a retirada do mastro e que nunca máis se concedese licencia para instalar antenas ao lado dun Colexio Público , e despois de terse aprobado por todos os grupos da Corporación unha moción do BNG no mesmo sentido , aparezan agora tres novas antenas no alto do mastro (adxuntamos foto )
O BNG non vai quedar cos brazos cruzados diante desta demostración de desprezo pola vontade dos veciños e dos representantes do pobo . Xa pediu información sobre estas antenas ao Concello , para ver se a súa instalación compre as esixencias de legalidade que establecían sendas sentencias do Xulgado Contencioso-Administrativo de Lugo e da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia .
Compre lembrar que o artigo 12.1 da Ordenanza Municipal que regula o funcionamento destas antenas di que non se permitirán instalacións de radiocomunicación sobre espazos sensíbeis , como escolas infantís, centros educativos , hospitais , centros de saúde, residencias xeriátricas ou parques urbanos públicos , nin en parcelas e edificacións lindantes con estes, debendo en todo caso situarse a unha distancia mínima de 300 metros a calquera lindeiro de parcela.
Non se entende o silencio do Alcalde diante da instalación destas novas antenas , coñecendo como coñece a preocupación da comunidade escolar , do Colexio Público nº 1 e dos veciños sobre este tema . Nin se entendería tampouco que concedese licencia para instalalas , desoíndo o que demandaban as firmas dos veciños e o acordo plenario unánime de setembro do ano pasado .
O BNG solicitará entrevistas cos Directiva da ANPA , coa Dirección do Colexio e con Asociacións de Veciños do casco urbano para informalos do problema e estudar a posibilidade de levar a cabo accións conxuntas .

0.18935298919678