O BNG de Guitiriz insta a paralizar a privatización do servizo de axuda no fogar
O BNG do Concello de Guitiriz oponse á privatización do servizo de axuda no fogar. Segundo indican, o día 1 de marzo o goberno do PSOE de Guitiriz pretende aprobar en Pleno o expediente de contratación de unha empresa privada para xestionar os servizos de axuda o fogar o longo dos próximos catro anos.“Dende o BNG estamos en contra desta privatización do SAF dende o primeiro día e queremos facer un chamamento a goberno municipal e ó resto de grupos da oposición a paralizar definitivamente a privatización e á homologación das condicións de traballo das traballadoras do SAF co resto de traballadoras do sector”, declara Xosé Lois González Souto.
“A privatización impulsada dende o PSOE é unha mala decisión que remataría supoñendo un empeoramento do servizo e un aumento do gasto inxustificábel, ademais de empeorar a calidade do emprego”, relata Pereira que advirte que o recente acordo entro o Ministro de Facenda e a FEMP, deixa sen escusas ó goberno municipal á hora de afrontar a privatización. “O feito de poder acceder a recursos paralizados até o de agora, axudaría a solventar a situación de bloqueo do servizo. Iso sí, dende o Goberno débese mellorar a gobernanza e a xestión do servizo para que sexa viábel” asegura Pereira.
Dende o BNG apostan por un servizo público na súa totalidade e de xestión directa por parte do Concello, mais iso sí, incorporando melloras laborais que equiparen ás traballadoras do SAF de Guitiriz coas do resto do sector. “É infumable que as traballadoras do Concello cobren en torno a 25% menos ca unha empregada privada e ademais teñan que asumir os gastos de desprazamento entre os diferentes servizos, ou que teñan problemas en temas básicos coma xornada ou vacacións debido á mala planificación e xestión do Concello” dí Pereira quen instará a que no Pleno deste xoves 1 de Marzo “se paralice a privatización definitivamente e se chegue ó compromiso de normalizar o servizo empezando pola homologación das condicións laborais”