O BNG de Guitiriz presentou a súa candidatura ao completo
O Bloque Nacionalista Galego en Guitiriz deu a coñecer a súa candidatura nun acto público na Casa Habaneira de Guitiriz, o que contou coas intervencións da candidata do BNG á alcaldía de Guitiriz, Mónica Roca Ares, o número dous da candidatura, Afonso Losada e a deputada por Lugo no Parlamento galego, Olalla Rodil.
Mónica Roca deu conta das 16 persoas que integran a candidatura nacionalista, no que subliñou “esta equipa de persoas non lle colle no corpo a ilusión, o talento e a capacidade para desenvolver un proxecto emocionante para Guitiriz, e estou convencida que o BNG será o impulso que necesita Guitiriz para avanzar” e recalcou “este 28 de maio saímos a por todas para producir un xiro en positivo que a veciñanza merece”
De igual modo, a candidata nacionalista destacou “contamos cun proxecto ambicioso pero asentado baixo un eixo fundamental para o BNG, as persoas, por isto, sempre temos en conta que para xerar máis dinamismo e futuro, é preciso garantir uns servizos públicos de calidade e ampliar o benestar da veciñanza, este é o camiño que queremos percorrer e esta será a base do seguinte goberno municipal liderado polo BNG”
Ademais, Mónica Roca salientou que a candidatura do BNG “é a única alternativa política rigorosa e capaz de desenvolver un traballo positivo para Guitiriz, con propostas e solucións que farán sentir á veciñanza máis orgullo ser de Guitiriz”, concluíu.
Candidatura do BNG en Guitiriz:
- Mónica Roca Ares
- Afonso Losada Rodríguez
- José Luís González Souto
- Luís Víctor Corbelle Sanromán
- Andrea García Miragaya
- María Pérez Ferreiro
- Jesús Javier Varela Quintas
- Noemí Romero Costa
- Josefa Paz Castro
- Roberto Antón Sanmariña Amenedo
- Ana Rosende Fernández
- Xurxo López Calvo
- Andrés Antón Pérez García
Suplentes
- María Beatriz Ferreiro Tallón
- Sabela Valiño Sánchez
- Manuel Xesús Figueira Mancebo