O BNG de Guitiriz reclama que se emita en directo o vindeiro Pleno

TerraChaXa
O BNG DE GUITIRIZ solicita a emisión en directo do vindeiro Pleno municipal. Lamentan que o de investidura non se retrasmitira
Guitiriz_Casa_do_Concello
29 Jun 2023

O BNG de Guitiriz solicita que se retome a retransmisións dos Plenos Municipais tal e como se viña facendo nos tres últimos anos. “A retransmisión en directo polas redes sociais permitiulle a moitos cidadáns poder visualizar os plenos municipais, ben en directo ou ben a posteriori, achegando a toma de decisións á cidadanía nun exercicio de democracia básico”, salienta Mónica Roca, voceira do BNG.

O BNG de Guitiriz critica que un Pleno “da transcendecia e importancia” do Pleno de investidura, “pasase sen pena nin gloria para a cidadanía e reclama que isto non volte acontecer,” retomando a retransmisión dos Plenos no vindeiro: o Pleno de Organización, “que ten unha importancia vital, xá que neste Pleno dáse conta de temas tan importantes coma as delegacións da Alcaldía nos Concelleiros do Grupo de Goberno, o reparto de Concellerías polo tanto, ou a constitución dos grupos municipais. Ademais decidirase a periodicidade dos Plenos e a conformacións das comisións informativa e de contas, así como as asignacións que percibirán tanto a Alcaldía e os Concelleiros coma os grupos políticos para poder realizar a súa labor” dixo Mónica.

“Para o BNG de Guitiriz a transparencia e a información real, veraz e inmediata das decisións tomadas nos Plenos é unha condición democrática básica, esixible dende o primeiro minuto do mandato que non nos cansaremos de recordar, para non voltar a tempos pasados, nos que a cidadanía tiña un aceso mais limitado á información” declara Mónica Roca, quen lembra que no Pleno de investidura o BNG tivo que solicitar que se “nos deixara falar, porque incomprensiblemente non estaba previsto e ademais, nin sequera se deu conta do estado do inventario municipal, tal e como recolle a lexislación” quen aclara que isto último pasóusenos a todos e todas as presentes, polo que “reclamaremos que se dé conta deses datos no vindeiro Pleno”.

Isto únese á decisión da Alcaldía de restrixír o aceso á documentación dos Decretos da Alcaldía a cinco días antes dos Plenos, cando ata dous meses antes das elecións, os grupos políticos tiñan aceso aos Decretos en tempo real, tal e como denunciaron os nacionalistas no seu día.“Esta decisión empobrece a democracia municipal e só busca limitar o exercicio da nosa labor coma oposición. Non a podemos aceptar” remata Mónica Roca.

0.16863703727722