O BNG de Meira, Pol, Castro de Rei, Riotorto e A Pastoriza visitaron a feira meirega
Mantiveron un encontro coa veciñanza destes concellos, os que tradicionalmente asisten a este evento. As nacionalistas amosaron as propostas e alternativas de cada localidade cun reparto de información.
O Bloque Nacionalista Galego asistiu a feira quincenal da localidade de Meira, onde integrantes das localidades de Meira, Pol, Castro de Rei, Riotorto e A Pastoriza mantiveron un encontro xunto a veciñanza de cada lugar para amosar as propostas e alternativas que as nacionalistas levan no seus programas electorais.
A candidata do BNG á alcaldía de Meira, Ermitas Rodríguez, destacou “desenvolvemos esta visita porque nesta feira é un centro neurálxico do comercio como da vida social da nosa contorna, un espazo excepcional para poder dar a coñecer os programas de futuro que o BNG conta para cada concello”.
Noutro senso, Ermitas Rodríguez destacou centrándose na súa localidade “Meira ten todo por gañar e o BNG será quen desenvolva este concello para poñelo no lugar que merece, con máis oportunidade laborais para a xente nova e emprendedora, cun sector agro-gandeiro dignificado e fortalecido, unha vila máis dinámica, en definitiva, un concello novo”.
De igual xeito, a candidata nacionalista en Meira salientou “ este 28 de maio temos a oportunidade de emerxer un proxecto que ilusione, que traballe para poñer no centro ás persoas e que desenvolva todo o noso potencial e o BNG é a única forza que fai mover este principios para que Meira avance”.