O BNG de Mondoñedo considera lesivo o acordo de cesión do miradoiro
O BNG de Mondoñedo critica o Convenio Interadministrativo de Cooperación asinado o pasado venres 31 de xullo entre a Deputación de Lugo e o concello mindoniense para a adecuación do Miradoiro .
O BNG explica que segundo o convenio de colaboración asinado entre o presidente da deputación, José Tomé e o alcalde de Mondoñedo, Manuel Otero, o concello asume a titularidade do Miradoiro coa condición de investir nel 150.000 euros financiados pola institución provincial para o acondicionamento do inmoble e do seu entorno.
O voceiro do BNG no concello, Eloi Cabanas, declara que non ve a necesidade de que o concello adquira agora este inmoble en mal estado para o cal non hai un uso definido, “o presidente da deputación meteulle un gol pola escuadra ao alcalde de Mondoñedo ao desfacerse dun morto, o cal non sabía que facer con el, cargándollo ao concello de Mondoñedo que tampouco aclara para que o quere”.
Eloi Cabanas apunta que no ano 2017 estas instalacións públicas xa recibiron 270.000 euros nunha primeira fase de rehabilitación a través dun obradoiro de emprego e agora anúncianse outros 150.000 euros que tampouco van ser suficientes para adecualo de forma definitiva a un uso concreto.
Cabanas cree que isto é un “mal negocio”, e demanda do goberno popular a que aclare os motivos que o levaron a aceptar esta cesión do inmoble cando a responsabilidade de poñelo en valor é da entidade provincial e tamén se pregunta canto lle vai custar as arcas do municipais manter cada ano o Mirador a partir de agora.
Uns días antes na Deputación de Lugo tamén se aprobaba esta mesma proposta impulsada polo BNG. No pleno celebrado en Mondoñedo acadárase a unanimidade mentres que no ente provincial non houbera o consenso que o BNG solicitaba pola abstención do grupo do PSOE.
“Consideramos que unha vez aprobada a moción e mentres que non haxa un estudo técnico que descarte a posibilidade de homologar un centro destas características nese edificio, o que procede é cumprir os acordos por parte das dúas institucións, que non poden fallarlle aos veciños e veciñas e aos colectivos de Mondoñedo, que foi de onde saíu esta iniciativa que ademais de conseguir recuperar este histórico inmoble que leva varios anos de deterioro e abandono, pode reportar moitos beneficios para Mondoñedo ”.
Os nacionalistas néganse a que se invista un euro máis nese edificio mentres non se teña enriba da mesa un proxecto de uso concreto para poñer en valor o Mirador. “se o goberno ten un proxecto definido diferente que o diga para que poidamos estudalo, mentres tanto debemos ser moi escrupulosos coas inversións de diñeiro para rendabilizalas ao máximo e sen saber antes o que vamos facer alí non ten sentido ningún seguir gastando máis diñeiro público no edificio do Mirador”.