O BNG de Mondoñedo critica a falta de información por parte do Goberno local

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O BNG de Mondoñedo critica a política de feitos consumados que está aplicando o Goberno municipal cos cortes de tráfico dalgunhas rúas da cidade, aféalle ao alcalde a toma destas decisións sen un consenso coa veciñanza nin cos grupos políticos e lamenta a falta de información previa da medidas adoptadas.
certame letras galegas 2018
29 Xuño 2020

O BNG de Mondoñedo critica a política de feitos consumados que está aplicando o Goberno municipal cos cortes de tráfico dalgunhas rúas da cidade, aféalle ao alcalde a toma destas decisións sen un consenso coa veciñanza nin cos grupos políticos e lamenta a falta de información previa da medidas adoptadas.

Os nacionalistas entenden que estas decisións hai que informalas con antelación e repróchanlle ao alcalde, Manuel Otero, que nin sequera fora capaz de publicar un Bando municipal anunciando o nome das rúas nas que se ía cortar ao tráfico así como os dias da semana e franxas horarias nas que se aplican estas medidas para que a veciñanza que emprega as rúas da cidade nos seus desprazamentos cotiáns o saiban con antelación e non convertan o casco nun caos circulatorio.

Eloi Cabanas, voceiro do BNG no Concello, mostra a súa posición favorable a que se busquen alternativas que favorezan a distribución das terrazas dos locais de hostalaría nos espazos públicos da cidade pero aclara que a crise que estamos a sufrir por causa do COVID-19 non pode ser unha escusa para tolear a veciñanza cos cambios constantes na mobilidade do tráfico.

O Goberno fai o que lle peta, e que nós saibamos estas medidas tampouco foron concretadas en ningunha comisión de seguimento ou en mesas de traballo acordadas dentro das cincuenta medidas aprobadas en pleno o pasado mes de maio por todo o conxunto corporación para minimizar o impacto económico do COVID-19 no noso Concello”.

Falta de limpeza

O BNG local tamén se suma ao malestar que lle transmite a veciñanza pola a sucidade que presentan as rúas e colectores de lixo do casco, situación que se agrava segundo os nacionalistas nos días de mercado. O portavoz nacionalista pídenlle ao goberno que non se relaxe e que se afane na limpeza e no coidado do aspecto que presenta actualmente a cidade.

“A sucidade nas rúas, o desorde circulatorio, ou a falta de homoxeneización nos toldos das terrazas non dan unha imaxe de casco histórico ordenado nunha cidade que presume de ser de Los Pueblos más Bonitos de España”.

0.18082284927368