O BNG de Mondoñedo cualifica a renuncia de Candia de "traición ao resultado electoral"

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
No Pleno extraordinario celebrado esta mesma mañá na que se tomou coñecemento da renuncia ao cargo de alcaldesa Elena Candia López, o voceiro do BNG no concello de Mondoñedo Eloi Cabanas, ademais de desexarlle sorte no terreo persoal na nova etapa política que vai emprender no Parlamento Galego, manifestou que "a decisión de renunciar ao cargo de alcaldesa de Mondoñedo traizoaba o resultado saído das urnas fai menos dun ano ao deixar como alcalde a outro concelleiro que non se presentaba como candidato á alcaldía nas eleccións municipais do pasado mes de maio".
2 Mar 2020

Segundo Eloi Cabanas en concellos de poucos habitantes como é o de Mondoñedo as persoas que se presentan como cabezas de lista nas diferentes candidaturas son moi importantes á hora de que a veciñanza se decante por un ou outro partido, “o mandato das veciñas e veciños de Mondoñedo foi claro para os vindeiros catro anos e neste caso non se respectou”.

O BNG xa aseguraba na campaña das eleccións municipais do pasado ano que a intención de Elena Candia era a de alcanzar cotas de poder máis elevadas fora do concello de Mondoñedo en clara referencia á aspiración que lle supoñían de ser presidenta da Deputación. “Non só se confirmaron as nosas sospeitas se non que por riba aínda nos quedamos cortos”.

0.14446806907654