O BNG de Outeiro afirma que as rutas de sendeirismo están intransitables

TerraChaXa | LugoXa
O BNG de Outeiro asegura que as rutas de sendeirismo de Penas de Rodas e Susavila atópanse intransitables en plena Semana Santa.
rutas sendeirismo outeiro de rei
3 Apr 2021

Segundo explica o BNG de Outeiro de Rei, as rutas de sendeirismo de Penas de Rodas e Susavila, en Outeiro de Rei, atópanse intransitables en plena Semana Santa pola desidia do concello.

"Debido ás restricións que impiden saír de Galiza para pasar estes días de Semana Santa, moitas persoas da comarca e da propia cidade de Lugo estaban a mirar cara as rutas de sendeirismo que temos en Outeiro de Rei, rutas que conforman uns dos principais atractivos do noso concello", engaden.

Afirman que o problema radica en que cando se chega á de Penas de Rodas ou a Candai, estas rutas non poden ser recorridas, dado o estado do chan en que o deixaron as empresas madeireiras e a falta de sinalización que existe nelas.

"No caso dos buratos e fondas rodeiras que deixaron as empresas cando procederon á corta de madeira, o BNG xa avisara hai unhas semanas desta situación, solicitando que se arranxaran. Agora, chegamos a estes días festivos sen que o concello fixera nada por corrixir estas deficiencias.

En canto a sinalización, máis do mesmo, pois xa dende hai meses a xente que usa estas rutas vénse queixando do difícil que é recorrelas se non se coñecen previamente debido a mala sinalización que se fixo despois dos cambios feitos polo concello, situación que se agrava agora unha vez que “desapareceron” dun xeito moi estraño unha boa parte dos sinais que indicaban o camiño para que a xente de fóra do concello que descoñecía o recorrido non se perdera", din.

Como engaden, "con esta falta de coidado e dadas as denuncias que se están o producir por parte das persoas usuarias, córrese o perigo que se lle retiren as cualificacións oficiais que neste momento ostentan estas rutas, cuestión que sería moi negativa para o futuro do concello de Outeiro de Rei".

“A imaxe é un piar fundamental para o desenvolvemento de calquera concello, sendo imprescindible fomentar e ter ben coidados todos aqueles elementos que poidan resultar atractivos para o desfrute, tanto pola xente do concello como polas persoas visitantes. Non coidar estes elementos é unha auténtica irresponsabilidade”, concluíu Xosé Ferreiro.

Dende o BNG de Outeiro faranse as iniciativas oportunas para que se reparen e se melloren estas sendas e evitar que se lle retire a cualificación oficial que neste momento ostentan.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.11461091041565