O BNG de Outeiro de Rei alerta de cristais esnaquizados no camiño de Taboi

TerraChaXa | LugoXa
Membros do BNG de Outeiro de Rei denunciaron o vertido de cristais no Camiño do Río, na zona de Taboi, para o Concello procede á súa limpeza.
CAMINO RIO TABOI CRISTAIS
8 Xul 2023

Membros do BNG de Outeiro de Rei denunciaron o vertido de cristais no Camiño do Río, concretamente na zona de Taboi, para o Concello procede á súa limpeza.

Un grupo de persoas que realizaban unha andaina polo camiño do río, en Taboi, alertaron da presenza dun vertido de vidros esnaquizados situado no propio camiño, ao seu paso por xunto da chamada Casa do Maiordomo (Fraiz).

"Esta situación provoca un evidente perigo para quen utilice este roteiro, especialmente para os nenos e nenas, ademais das consecuencias que pode ter para os animais que se movan pola zon", explican dende o BNG.

É por iso, que que dende o BNG procederpm a facer unha comunicación para que dende o concello se tomen as medidas oportunas para corrixir esta situación.

0.174800157547