O BNG de Outeiro de Rei critica o incremento das taxas de lixo e auga no verán

LugoXa | TerraChaXa
Miguel Vieito afirma que ”ocultase a suba de taxas levándoo a pleno en xullo cando a maioría da veciñanza se atopa de vacacións”
rede-auga-grifo
28 Jul 2025

O BNG de Outeiro de Rei vén de denunciar publicamente a decisión do goberno municipal de incrementar nun 30% as taxas de recollida de lixo e do servizo de auga, aproveitando o período estival para aplicar unha medida profundamente lesiva para os petos da veciñanza.

Desde o grupo nacionalista o seu voceiro municipal, Miguel Vieito, considera que “a cidadanía non ten por que pagar a incapacidade de xestión dun alcalde que mantén un concello endebedado e sen rumbo”. Esta suba, sinala, “pretende tapar unha política baseada en dilapidar os recursos públicos sen planificación que é o caracteriza a este goberno desde hai anos”.

“A única solución que atopan é cargar sobre os veciños e veciñas as consecuencias da súa mala xestión”, denuncian Vieito. “Non podemos consentir que se utilicen as taxas municipais para financiar os delirios de grandeza dun alcalde máis preocupado pola imaxe que polos servizos básicos como demostra o atraso que se leva na apertura do centro de día”.

A suba de taxas que quere levar adiante agora ven a sumarse a importante suba do 11% do IBI do ano 2023 e as taxas que de forma ilegal esta cobrando polo envío de comunicacións de xestión de biomasa.

Gobernar é decidir e o PP decide que a veciñanza de Outeiro de Rei paguemos máis, van levar ao vindeiro pleno unha decisión política que o BNG non apoia; logo dunha xestión a todas luces derrochadora e de facer proxectos que nada aportan ao concello.

O BNG reclama a retirada inmediata desta suba e a apertura dun proceso de diálogo no que se priorice o interese da veciñanza e se garanta unha xestión responsable e xusta dos recursos públicos.

⚙ Configurar cookies
0.13354206085205