O BNG de Outeiro de Rei denuncia o derrube dun ben patrimonial

TerraChaXa | LugoXa
Trátase dunha porta existente nunha construción que era propiedade do concello e que se atopa nas inmediación das obras do centro de día.
PORTA BEN PATRIMONIAL OUTEIRO DE REI 2
18 Apr 2022

Tal e como explica o BNG de Outeiro de Rei, ata a semana pasada, no Camiño Real, detrás do Pazo dos Gaioso, no propio centro da vila de Outeiro de Rei existía unha porta que chamaba atención pola súa feitura e a súa antigüidade. Agora, despois de moitos séculos, esa porta xa non existe porque foi derrubada e no seu lugar tan só queda unha morea de pedras, algunhas das cales poderían formar parte da porta orixinal.

Esta porta era parte dunha construción que o concello mercou hai uns meses por estar nas inmediacións do lugar onde se ía construír o centro de día, obras que aínda a día de hoxe se están a realizar na propia parcela onde se derrubou a porta.

Para o BNG é fundamental que se paralice calquera actuación que teña que vez con este desfeita, intentado evitar que “desaparezan” ou se deterioren aínda máis as pezas desta porta, e é por iso que acabamos de dirixir respectivos escritos á Dirección Xeral de Patrimonio e ao propio concello onde se solicita ademais da paralización das actuacións, que os restos sexan estudados por persoal cualificado para ver as posibilidades existentes e que se leve a cabo unha investigación que depure as responsabilidades que sexan oportunas.

No escrito solicítase concretamente que se proceda á paralización inmediata do acceso á citada parcela evitando calquera manipulación que puidera significar o traslado, perda ou deterioro das pedras que forman parte deste elemento.

Tamén demandan que se leve a cabo unha inmediata avaliación e recoñecemento por persoal cualificado, resgardando todas e cada unha das pezas e compoñentes deste ben patrimonial, cavilando nunha posterior rehabilitación.

Finalmente, piden a investigación para a identificación da persoa ou persoas que ordenaron ou permitiron que se levara a cabo esta actuación de derrube, para que dese xeito se poidan depurar as responsabilidade que puideran ter lugar por ter arrasado deste modo un elemento patrimonial.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.14090204238892