O BNG de Outeiro de Rei pide información sobre o reparto de dietas

TerraChaXa
O BNG pedirá, de xeito formal, copias das actas e convocatorias das comisións extraordinarias e polas que se lle están pagando dietas a ediles do PP.
Ediles Outeiro
14 Feb 2019

O BNG pedirá, de xeito formal, copias das actas e convocatorias das comisións extraordinarias e polas que se lle están pagando dietas a ediles do PP. Xosé Ferreiro explicou que “estas comisións non son ningunha das que, segundo contempla a lei deben existir obrigatoriamente nun concello como Outeiro de Rei, que son a Comisión Xeral de Contas e Comisión de Asuntos do Pleno”. Ferreiro explicou “dubidamos da existencia efectiva dunhas comisións que se convoca co fin de facer un reparto de dietas entre os afíns ao alcalde”.

“Estáselles cobrando aos veciños polo entronque da auga e despois repártanse cartos en dietas de comisións innecesarias” explicou Ferreiro que sinalou “non é entendible que á veciñanza se lle cobre un servizo báse e despois se repartan cartos entre ediles afíns ao alcalde”. Ferreiro sinalou, tamén, “nesa comisión non hai ningún membro do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego, nin de ningún outro grupo da oposición, descoñecemos completamente as datas e horas de celebración así como o tratado e acordado nesa comisión, cuestión que consideramos fundamental para levar a cabo o noso traballo como concelleiros”.

O BNG solicitará que na maior brevidade posible, no mínimo tempo a lei contempla, se permita consultar a documentación descrita, convocatorias e actas, así como que se subministre as copias correspondentes das reunións celebradas durante esta lexislatura desta comisión non obrigatoria e que “parece que foi creada exclusivamente con membros do Grupo Municipal do PP”.

0.20859599113464