O BNG de Outeiro de Rei solicitan ao Concello que recupere a fonte de Province

TerraChaXa | LugoXa
O BNG de Outeiro de Rei propón no pleno que se recupere a fonte de Province da parroquia de Aspai, xa que se trata dunha fonte "que era de uso común tanto polos veciños e veciñas do propio lugar como polas persoas que acudían a ela dende Vicinte, Candai ou Bravos", explican.
Fonte de province Outeiro de Rei
26 Feb 2024

O BNG de Outeiro de Rei propón no pleno que se recupere a fonte de Province da parroquia de Aspai, xa que se trata dunha fonte "que era de uso común tanto polos veciños e veciñas do propio lugar como polas persoas que acudían a ela dende Vicinte, Candai ou Bravos", explican.

Así, explican que "dende hai xa máis dun ano a fonte non é utilizable. Está chea de terra, lodos e maleza, e a zona circundante atópase completamente enchoupada pola acumulación da auga. Na actualidade poden verse fondas rodadas de vehículos pesados, que agravan e empeoran o problema".

Por todo isto, os nacionalistas solicitan ao Concello de Outeiro de Rei que poña todas as medidas precisas "para a recuperación desta fonte patrimonio de toda a veciñanza".

0.18102717399597