O BNG de Outeiro denuncia a suspensión do comedor no Laverde Ruíz ante a Valedora do Pobo
O BNG de Outeiro de Rei denuniou ante a Valadora do Pobo a falta de servizo de comedor no Ceip Laverde Ruíz. A formación nacionalista pide a intervención da Valeduría para requerir á Consellería de Educación e ao Concello de Outeiro de Rei que “procedan de forma urxente a garantir a prestanción do servizo de comerdor como se viña prestando nos cursos anteriores”
Na reclamación, o Bng explica que as familias recibiron a notificación na que se informaba da suspensión do servizo de comedor “até novo aviso” o pasado mércores, “escasamente 24 horas antes de iniciarse o curso escolar”, o que “evidencia a total improvisación e interese das administracións por organizar e prestar este servizo”.
“Non podemos entender como a Conselleíra non soluciona este problema e menos a forma en que se comunica ás familia, impedindo que poidan adaptarse á situación e autoorganizarse para forzar unha solución ao problema antes do comezo da clases neste colexio”, sinalou o concelleiro Xosé Ferreiro.
O nacionalista engadiu que “debido a non prestación deste servizo, a Consellería obriga a todos os nenos e nenas a ter que esperar no colexio unha vez rematadas as clases durante o tempo que duraría o comedor”. Nesa liña, denunciou que “non se modificaran os horario sde transporte por intereses estritamente económicos”.
O BNG incidiu na importancia do comedor escolar como recurso pedagóxico e para a conciliación familiar, e subliñou tamén que “é un servizo imprescindible para equiparar a igualdade de oportunidades do estudantado do medio rural co que reside nas cidades, representando unha ferramenta imprescindible para loitar contra o despoboamento e o abandono das nosas aldeas”.