O BNG de Outeiro propón unha liña de axudas para as familias afectadas pola crise

TerraChaXa
O BNG presentou para o próximo Pleno do concello de Outeiro unha proposta onde se solicita que se convoque unha liña de subvencións para que as familias que se vexan afectadas economicamente pola crise orixinada pola Covid-19 poidan facer fronte ao pago dos impostos municipais.
27 Abr 2020

O BNG presentou para o próximo Pleno do concello de Outeiro unha proposta onde se solicita que se convoque unha liña de subvencións para que as familias que se vexan afectadas economicamente pola crise orixinada pola Covid-19 poidan facer fronte ao pago dos impostos municipais.

Asegura o son moitas as familias que están a quedar con todos os seus membros no desemprego, con subsidios raquíticos e temporais ou con autónomos que da noite para a mañá atópanse sen ningún ingreso, tendo que manter ademais moitos dos gastos que a súa actividade lles orixinaba.

"Dende o BNG levamos mantendo dende sempre que todas as administracións deben ter como obxectivo primordial a protección das persoas que nun momento dado quedan sen os recursos suficientes para poder levar unha vida digna. E nesa tarefa, os concellos teñen que estar sempre á vangarda", di.

“Neste caso de extrema necesidade na que se vai sumir unha parte da nosa veciñanza, o concello de Outeiro non pode ser insensíbel, máis ben todo o contrario, debería poñer todos os recursos dispoñibles para garantir que os efectos desta crise non volvan a recaer unha vez máis na xente máis desprotexida: nas traballadoras, nos autónomos, nas persoas xubiladas, na mocidade, etc", engade.”

"Dado que somos conscientes de que o sistema é “brutal” cando se trata de protexerse a si mesmo e non permite eximir a ninguén de pagar os impostos, aínda que non poida pagalos nin teña para comer, a saída legal que moitas administracións están tomando nestes casos e a da subvención, pois cóbranlles os impostos que a lei obriga e, ao mesmo tempo, subvenciona con criterios obxectivos a aquelas persoas que no teñen os ingresos suficientes para poder pagalos", conclúe.

Na mesma proposta tamén se fai fincapé en que a liña de subvencións en que ter moi claras as condicións para acceder a elas, con criterios totalmente obxectivos, así como que deberá ser amplamente publicitada para garantir que toda a cidadanía é coñecedora da súa existencia.

“Por desgraza, en Outeiro estamos acostumados a que este tipo de cousas se arranxen no despacho do alcalde, sen ningún tipo de transparencia nin de criterios obxectivos, simplemente polo favor do alcalde e iso ten que cambiar. Temos que empezar a reclamar que nos traten como cidadáns, non como súbditos”, rematou dicindo Xosé Ferreiro,

0.091105937957764