O BNG de Pol denuncia a mal estado da estrada LU-760
O concelleiro nacionalista, Oscar Carballés, e a parlamentaria por Lugo, Olalla Rodil, estiveron xuntas para comprobar o estado de abandono da estrada LU-760 no tramo que une Mosteiro con Rioxán, na que denunciaron o seu mal estado e o perigo que implica aos usuarios.
As nacionalistas reclaman que á Xunta proceda a súa reparación e continuar co proxecto do mesmo xeito que se fixo no trazado que une Ludrio (Castro de Rei) ata Mosteiro.
“Non podemos xogar coa seguridade das persoas que transcorremos por esta estrada frecuentemente, xa que esta estrada é a que une Pol coa zona da Montaña e Meira” dixo o concelleiro nacionalista.
Neste mesmo sentido, Rodil puxo de manifesto que existe un total abandono e unha falta de proxecto de vertebración na provincia “vese claramente que o goberno do Partido Popular carece de proxecto para vertebrar as localidades e as comarcas, e por riba, ese abandono refléxase no estado dos viais como é este caso, no que podería unir a veciñanza con viais que se achegan por exemplo a A-6, a parte da incompleta inseguridade que posúe o mal estado deste vial para as usuarias”.