O BNG de Rábade reclama sinalización da Ruta de Sendeirismo que sae da Casa das Insuas

TerraChaXa
O voceiro do BNG, Iván Sangiao, demandou que se revise a sinalización da ruta de sendeirismo que parte do entorno da Casa das Insuas de Rábade.
IMG_8203
13 Feb 2019

O voceiro do BNG, Iván Sangiao, demandou que se revise a sinalización da ruta de sendeirismo que parte do entorno da Casa das Insuas de Rábade. A ruta Perimetral Rabadense ten unha lonxitude total 9,27 km e percorre unha boa porción do concello de Rábade aproveitando camiños e corredoiras, tamén transcorre paralelo a un tramo do Miño, ten un total de 38 puntos de interese.

Iván Sangiao sinalou que “dentro de pouco empezará o bon tempo e o concello debe facer vixiancia do percorrido para sinalizar aqueles puntos nos que o percorrido é confuso e para coidar o entorno por onde transcorre a ruta”. O BNG en Rábade aposta pola posta en valor do patrimonio natural que existe no entorno da vila e do Miño como atractivo turístico “por eso propuxemos, fai tempo, a creación desta ruta e tamén insistimos en que se faga un correcto mantemento da mesma”.

0.12733888626099