O BNG de Vilalba comeza unha rolda de reunións coas asociacions
O Bloque Nacionalista Galego en Vilalba pon en marcha unha rolda contactos cos colectivos e asociacións dos concello para coñecer de primeira man as inquedanzas, propostas e necesidades da veciñanza.
O candidato á alcaldía do BNG, Constantino Alvite, mantivo a primeira xuntanza deste percorrido coa asociación de veciñas e veciños da parroquia de Sancovade.
“É o primeiro punto dunha rolda de contactos que imos comezar por todo Vilalba, o BNG vai coñecer de primeira man todas as propostas e necesidades do concello, porque o proxecto do BNG no concello engloba a todas as persoas que queiran que Vilalba mellore e avance” declarou Constantino Alvite.
Neste senso, o candidato do BNG destacou “o BNG sempre ten a man tendida para sumar, o diálogo é fundamental para reforzar e ampliar as necesidades da veciñanza, por isto, estaremos coa veciñanza das 28 parroquias, mais tamén cos colectivos culturais, asociacións de comerciantes ou empresarias e empresarios”.