O BNG de Vilalba presenta a súa candidatura

TerraChaXa
O Bloque Nacionalista Galego en Vilalba presentou nun acto público a súa candidatura ás eleccións municipais de maio.
bng vilalba
16 Abr 2023

O Bloque Nacionalista Galego en Vilalba presentou nun acto público a súa candidatura ás eleccións municipais de maio.

Contou coas intervencións da candidato do BNG á alcaldía de Vilalba, Constantino Alvite Tino, a responsábel local do BNG, Mónica García e a deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego.

Tino Alvite deu a coñecer as 22 persoas que conforman a candidatura do Bloque, a que destacou “lidero un equipo de persoas que teñen unha tremenda paixón por Vilalba, un equipo unido con experiencia mais da man da vitalidade da mocidade, con toda a forza para conseguir liderar o vindeiro goberno municipal de Vilalba”.

Neste senso, o candidato nacionalista á alcaldía destacou “temos un proxecto centrado e de futuro para a capital da Terra Chá, somos unha potencia enorme que precisa dinamizar o seu rural para converter a Vilalba na referencia da boa xestión e do desenvolvemento sostíbel, e contamos coas ferramentas e a capacidade de facelo posíbel” e enfatizou “a candidatura do BNG é a alternativa necesaria para Vilalba, é o momento de poñer ás persoas no centro, de mellorar a vida da veciñanza, con coherencia, compromiso, entusiasmo e traballo”.

Por outra parte, o deputado no Congreso, Néstor Rego, destacou que os gobernos municipais do BNG desenvolven “políticas transformadoras que mudan, en positivo, a vida da xente”. De facto, engade, a organización nacionalista aspira a estender e mellorar os servizos públicos, así como dotar de máis recursos o Concello. “A marca de concellos BNG é unha marca de prestixio enmarcada dentro dun proxecto nacionalista que aspira a mudar a realidade do País e que cumpre todo aquilo co que se compromete” afirma Rego. Para iso, explica o deputado do BNG, “o grupo de goberno do BNG en Vilalba non só contará co apoio da organización na localidade, senón cunha organización enteira como o BNG que ten experiencia e proxecto de futuro para o concello”.

Unha organización da que tamén pon en valor o traballo realizado no Congreso que, grazas ao traballo do conxunto da militancia do BNG, “non existe problema nin solución que o BNG non levara á cámara baixa para reclamar ao Goberno do Estado que atenda as necesidades do País”. Neste sentido, Rego destaca o papel da formación nacionalista no Congreso, defendendo de maneira incansábel os intereses dos galegos e galegas, así como das maiorías sociais e as clases populares.

Candidatura do BNG en Vilalba:

  1. Constantino Alvite Muinelo
  2. Mónica García Souto
  3. Alfonso Baamonde Fernández
  4. María do Carme Pernas Bermúdez
  5. Lucas Otero Blanco
  6. Iria Fernández Silva
  7. Pablo Guizán Rey
  8. Isabel Pernas Bermúdez
  9. Anxo Fole Lamas
  10. Carlos Cazón Rivas
  11. María do Pilar Prieto Pita
  12. Xosé María Felpeto Enríquez
  13. Luz Divina Souto Villares
  14. Xesús García Souto
  15. Antonio González Fraga
  16. Sabela Figueira Tenereiro
  17. Víctor Rey Carballeira

Suplentes:

  1. María Teresa Burgo García
  2. Carmen Bermúdez Lodeiro
  3. Xosé Fernández Rodríguez
  4. Santiago Jorquera Rodríguez
  5. Xoán Francisco Baamonde García
0.16147184371948