O BNG de Vilalba presentou o seu proxecto co respaldo de Maite Ferreiro e Olalla Rodil

TerraChaXa
O BNG realizou na praza da constitución un acto público onde contou coas intervencións de Maite Ferreiro, Olalla Rodil e Constantino Alvite.
presentacion programa bng vilalba maite olalla tino
21 May 2023

Tino Alvite “Vilalba merece un goberno municipal achegado ás persoas e contribuír ao desenvolvemento de todo o seu potencial”.

O Bloque Nacionalista Galego en Vilalba realizou un acto público aberto na praza da Constitución da localidade no que se deu a coñecer as iniciativas de futuro no marco do programa electoral do BNG para as vindeiras eleccións municipais do 28 de maio.

Contou coas intervencións da vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, a deputada do BNG no Parlamento galego, Olalla Rodil e o candidato do BNG á alcaldía de Vilalba, Contantino Alvite “Tino”.

Tino Alvite declarou “o BNG é unha aposta sempre clara para facer avanzar as persoas a través dos concellos, alí onde gobernamos demostrámolo, como por exemplo na cidade de Lugo ou no preto Muras” e fixo fincapé “Vilalba merece un goberno municipal achegado ás persoas e contribuír ao desenvolvemento de todo o seu potencial, temos un rural que é unha grande potencia, unha situación xeográfica excepcional e unha vila que é un epicentro comercial da comarca da Terra Chá”

Neste senso, o candidato do BNG á alcaldía destacou que “é o momento de empurrar xuntos e xuntas da man do BNG, para situar este concello no lugar que merece. Sermos un concello dinámico, de futuro, onde a xente moza non teña que renunciar un proxecto de vida aquí”

Por outra banda, Tino Alvite subliñou que Vilalba ten que garantir uns servizos públicos básicos, sobre todo na área rural do concello “as 30 parroquias deste concello son o pulmón, e merecen que se garantan políticas e estratexias desde o goberno municipal para garantir unha vida digna, con servizos e con oportunidades”

“Vilalba este 28 de maio ten a posibilidade de contar cun proxecto dinámico, desde a honestidade e o rigor para activar este concello, o Bloque Nacionalista Galego é a chave para poder acadalo”, concluíu o candidato nacionalista Tino Alvite.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17305684089661