O BNG de Vilalba reúnese con representantes da Liga Santaballesa

TerraChaXa
O BNG mantén unha xuntanza de traballo coa asociación de mulleres de Santaballa, asociación de veciños de Bordelle e a Liga Santaballesa
bng xuntanza liga santaballesa
25 Mar 2023

O Bloque Nacionalista Galego en Vilalba mantivo unha xuntanza de traballo dentro da súa rolda contactos cos colectivos e asociacións veciñais para coñecer de primeira man as inquedanzas, propostas e necesidades do concello.

O candidato á alcaldía do BNG, Constantino Alvite, desta vez estivo coa asociación de mulleres de Santaballa, asociación de veciños de Bordelle e a Liga Santaballesa.

“Escoitar a veciñanza das parroquias é vital para poder deseñar a Vilalba do futuro, o diálogo sempre será a chave para poder reforzar e ampliar os servizos públicos e afondar nun proxecto que ilusione” declarou Constantino Alvite.

Neste senso, o candidato do BNG destacou “o rural deste concello hai que darlle o peso que merece, precisamos moitas melloras neste eido e con estas xuntanzas estamos deseñando un plan de goberno que garanta servizos e dinamismo, por isto estamos a construír un plan xeral do medio rural vilalbés”.

O BNG continuará con esta rolda de contactos para ir conformando medidas para mellorar e resolver as problemáticas concretos de cada parroquia, no que tamén con outros ámbitos “falaremos tamén con colectivos culturais, asociacións de comerciantes ou empresarias e empresarios para reforzar este concello” dixo Constantino Alvite.

0.14374899864197