O BNG de Viveiro acusa ao Concello de non contar cun proxecto de recuperación do parque Pernas Peón

TerraChaXa | AMariñaXa
[caption id="attachment_22030" align="alignleft" width="530"]
16 Xul 2019

[caption id="attachment_22030" align="alignleft" width="530"] dsr[/caption]
O parque Pernas Peón foi durante décadas un espazo verde, humanizado, de descanso e ocio para varias xeracións de Viveiro, e deixou de selo, segundo o Bloque Nacionalista Galego, tanto pola falta de políticas municipais medioambientais, como polas actuacións realizadas sen ningún tipo de estudo nin planificación dende hai ano e medio.
Dende o BNG queren que o parque Pernas Peón sexa de novo un espazo verde e de ocio para uso da veciñanza, polo que o pasado día 10 de xullo solicitamos ao Concello de forma oficial, o proxecto de rehabilitación do parque que o Goberno Municipal ten mencionado tanto na prensa. E constatamos, unha vez máis, que non existe tal proxecto e que as accións levadas a cabo foron totalmente improvisadas e carentes de asesoramento especializado.
Miriam Bermúdez “é lamentábel, pero no Concello non existe nin proxecto nin plan de traballo para levar a cabo a recuperación do parque de Covas. Ano e medio despois do inicio da tala, a contestación foi que está en fase de estudo, algo que evidentemente tiña que estar antes de realizar calquer tipo traballo ou actuación. Continuaremos a demandar a recuperación desde parque xunto cun Plan de conservación e mantemento para todos os espazos verdes públicos do concello, que garantan a seguridade pública e permita á veciñanza poder desenvolver actividades físicas, culturais, deportivas e/ou de esparcimento en todas as zonas”, recalca.

0.13668298721313