O BNG de Viveiro esixe que se informe do plan de traballo para o parque Pernas Peón

TerraChaXa | AMariñaXa
O BNG de Viveiro vén de criticar a total falta de planificación do goberno municipal nos traballos de recuperación do desaparecido parque municipal Pernas Peón e cuxa “morte” achacan á falta dunha política medioambiental municipal definida, tal e como xa demandaran desde o BNG de Viveiro para a contorna do paseo fluvial do río Landro, e a inexistencia dun Plan de conservación e mantemento dos espazos verdes públicos do concello que garantiría a seguridade pública e permitiría á veciñanza poder desenvolver actividades físicas, culturais, deportivas e o esparcimento nestas zonas sen poñer en perigo a súa integridade física.
unnamed
15 Feb 2019

Desde o BNG de Viveiro aseguran que non se entende que as polémicas actuacións levadas a cabo ata o momento no que fora un espazo de descanso e ocio de referencia para varias xeracións de viveirenses, parezan máis propias de traballos forestais nun dos montes de Viveiro que nunha área de recreo-parque municipal que, aínda figura sorprendentemente como reclamo turístico na páxina de Turismo da Xunta de Galicia.
Á vista do penoso e lamentable estado no que se atopa este parque, logo dun ano de sufrir numerosas talas ata a súa mutilación ao completo, piden ao goberno municipal que informe a súa veciñanza cal é o plan de traballo programado para os vindeiros meses neste espazo, se o concello vai contar coa colaboración dos técnicos de medio ambiente da Xunta de Galiza para desenvolver o proxecto de recuperación ambiental e paisaxística deste parque municipal e se van ser quen de rematar as actuacións de limpeza e recuperación do mesmo antes do comezo da época estival.
0.2050449848175