O BNG de Viveiro estará en Galdo para escoitar e recoller propostas veciñais

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
14 Feb 2020

O BNG de Viveiro estará en Galdo o venres 14 de febreiro, para escoitar e recoller propostas, demandas, ideas ou queixas que os veciños queiran trasladarlle á organización nacionalista.

"Estamos dispostos a perecorrer todo o Concello e facilitarlle aos veciños que se poñan en contacto connosco", di a concelleira Míriam Bermúdez, e continúa, "ademais, é a única forma de escoitar e ver os problemas de primeira man, poñéndote na pel da veciñanza e as súas problemáticas.

Así, comezarán no Bar-Restaurante As Viñas en Galdo ás 20.30 horas.

0.18886709213257