O BNG de Viveiro remata a primeira rolda de encontros coa veciñanza cunha xuntanza sobre medio rural, mar e medio ambiente
TerraChaXa | AMariñaXa
26 Mar 2019
O BNG de Viveiro chega á última desta primeira rolda de encontros, nesta ocasión fano baixo o lema "escoitar a túa voz é escoitar o que quere a veciñanza", afirman que "queremos crear un programa de goberno no que Viveiro saia con impulso do seu estancamento e progrese como merece". No BNG aseguran que están facendo grandes progresos no seu programa, xa que en todas as súas asembleas acudiu xente nova para compartir as súas ideas e inquedanzas, "en ocasións nótase á xente como angustiada, saben que Viveiro da para moito e non ven que progrese como debera", afirma Miriam Bermúdez, candidata á alcaldía.
Esta xuntanza aberta será o vindeiro venres 29 de marzo, ás 19:30 no local do BNG de Viveiro, tratará sobre "medio rural, mar e medio ambiente".