O BNG de Viveiro únese aos veciños de Celeiro para pórlle solución o roto emisario submarino

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
20 Aug 2019

O BNG de Viveiro quere parabenizar á veciñanza de Celeiro polas mobilizacións convocadas estes días esixindo respostas e solucións para un emisario roto, con procesos de depuración insuficientes, que se fan evidentes na calidade da auga da praia de Celeiro e por extensión en toda a ría de Viveiro.

Sería unha boa ocasión, segundo a fronte nacionalista, para que dende a Xunta desen explicacións, tanto á xente que se está a mobilizar nestes días, como a que xa se manifestou nas anteriores ocasións, como tamén na concentración na Praza do Náufrago de Celeiro(11/02/2018), co mural reivindicativo (11/06/2018) ou co manifesto pola rexeneración da ría (07/01/2019), onde asinaron unha trintena de colectivos e asociacións de todo Viveiro para pórlle fin a un emisario submarino roto e as deficiencias da EDAR.

Preocupados pola nosa ría, esixímoslle á Xunta de Galiza e ao Concello de Viveiro que cumpran cos prazos de execución prometidos públicamente, que comecen a executar as obras recollidas no convenio para mellorar o saneamento integral da ría e deixen de xogar coa saúde, os postos de traballo e o futuro da veciñanza de Viveiro.

0.17899584770203