O BNG de Viveiro urxe a instalación de aparcabicis para o turismo no verán
Coa chegada do verán, as veciñas e visitantes acostuman a facer un maior uso da bicicleta como transporte alternativo para desprazarse polo termo municipal de Viveiro, polo que Miriam Bermúdez, do BNG, cre que "o concello debe aproveitar está opción saudábel elexida pola súa veciñanza que contribúe ao mesmo tempo a racionalizar o uso abusivo do coche", afirma a concelleira quen engade que "ademais é saudábel é sostíbel xa que a bici non contamina, non provoca problemas de aparcamento nin tampouco é ruidosa".
Dende o BNG queren poñer en marcha este verán a dotación de aparcabicis nas zonas de praias do concello, instalacións deportivas e outros espazos públicos axeitados para o uso deste transporte,unha medida fácil de implementar e ecónomica para as arcas do Concello, que melloraría a vida das veciñas e faría de Viveiro unha vila máis sostible e propia do século XXI.