O BNG de Viveiro valora positivamente a reunión coas asociacións de comerciantes
As principais demandas por parte das asociacións basearonse na exención de taxas municipais, non aprazamentos, axudas ao alugueiro xa que so houbo dúas exencións de pago no noso concello e incluso co imposto do IBI que algúns dos arrendatarios tamén teñen que facer fronte así como un convenio económico entre concellos e ambas asociacións que permita dinamizar o comercio chegado o momento de rematarse o confinamento.
Neste sentido, a concelleira do BNG propuxo ás asociacións de comerciantes, que empregasen a aportación económica dese convenio non só para levar a cabo campañas publicitarias se non para investilo en elaborar unha gran plataforma virtual do comercio viveirense e meterse de cheo neste mercado, “xa que a pesar do confinamento as ventas por internet non caeron senon todo o contrario, polo que é preciso que o comercio de Viveiro cree unha gran plataforma que ofreza este servizo de compra online á veciñanza”, recalca Míriam Bermúdez.
Demandou do goberno do PSOE o compromiso de manter e coñecer o importe das axudas económicas que ían destinarse á celebración de eventos e festas que non van poder materializarse, para elaborar con ese orzamento resultante unha bolsa de remanente que permita sufragar axudas ao pequeno comercio, quedando á espera de que se ofrezan os datos concretos por parte da consellería da facenda. Neste sentido dende o BNG o pasado 5 deste mes, solicitabamos unha reunión coa intervención para coñecer de preto a situación económica do concello á espera de ser convocados.
Na memas liña, se propuxo o compromiso coa Deputación, coa que se manteñen diferentes convenios económicos para celebración de eventos sendo preciso reorientear a finalidade dos mesmos mantendo os importes e ter así unha fonte de ingreso máis. Destacar ademáis, que no Plan Único asinado a principios de mes, permítse destinar unha porcentaxe do total de 500.000€ destinados ao Concello de Viveiro, para subsanar aquelas situacións derivadas da actual crise sanitaria.
Tamén se solicitou a posibilidade de ofrecer por parte dos técnicos de emprego do concello, asesoramento ao pequeno comercio en canto á solicitude de axudas e trámites burocráticos, así como a difusión entre este sector das axudas das distintas Administracións para evitar posibles perdas de solicitudes por parte dos comerciantes, tal e como manifestaban dende a Asociación Beiras de Viveiro.
Por último no relacionado directamente co turismo, a concelleira dirixiuse ao director da FCAM para propoñer que dende esa institución se promova unha gran campaña a nivel comarca, para redescubrir a Mariña por parte da veciñanza, potenciar o turismo de cercanía, sostible fomentando as potencialidades de cada concello xa que dada a situación actual, pasará tempo ata poder recibir turistas doutras localizacións.