O BNG demandou no Parlamento o arranxo das humidades do centro de saúde de Outeiro de Rei

TerraChaXa | LugoXa
O Bloque Nacionalista Galego presentou no parlamento Galego a través de Carme Aira, unha serie de iniciativas para solicitar o arranxo das humidades do centro de saúde de Outeiro de Rei En Outeiro de Rei existe un centro de saúde construído hai décadas e que como é natural precisa de reparacións .
humidades casa da cultura castro de rei portada
1 Dec 2023

O Bloque Nacionalista Galego presentou no parlamento Galego a través de Carme Aira, unha serie de iniciativas para solicitar o arranxo das humidades do centro de saúde de Outeiro de Rei

En Outeiro de Rei existe un centro de saúde construído hai décadas e que como é natural precisa de reparacións .Dentro do edificio do centro de saúde polo menos unha das consultas, dende hai un mínimo de 4 anos, está con gran nivel de humidade nas paredes, na “que se presume unha abundante profusión de fungos, de modo que resulta antihixiénico e inadecuado para garantir a seguridade dos doentes e un problema de saúde para as e os profesionais que traballan dentro “explica a deputada nacionalista Estas profesionais teñen que poñer máscara para evitar respirar durante 7 horas seguidas nese ambiente de humidade.

As profesionais que desenvolven a súa xornada nesta consulta teñen elevado queixas á Dirección por esta cuestión e solicitado que se poñan as medidas necesarias para o saneamento das humidades, sendo a resposta que se lle deu pouco adecuada, xa que se aprazou a solución ao momento en que se fixeran as obras de nova construción do PAC anexas ao centro de saúde. A situación chegou a tal extremo que a área de prevención de riscos do SERGAS emitiu un informe solicitando o arranxo de dita parede pola perigosidade que supón para as profesionais que alí teñen que desempeñar o seu traballo.

“Ata o propio Conselleiro de Sanidade cando visitou o centro “tomou nota”e non só non se fixo nada, senón que o problema das humidades segue a ser aínda máis grave cada día que pasa” Concluíu Carme Aira

0.21845483779907