O BNG do Valadouro pide que a veciñanza dispoña dunha rede wifi aberta

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Grupo Municipal nacionalista do Valadouro vén de rexistrar dúas mocións que serán tratadas no pleno do próximo 3 de setembro.
concurso_clarinete
28 Aug 2020

O Grupo Municipal nacionalista do Valadouro vén de rexistrar dúas mocións que serán tratadas no pleno do próximo 3 de setembro. O contido de ambas as dúas iniciativas está estreitamente vinculado coa especial situación de crise sanitaria que vivimos.

Liña de axudas para ordenadores

Debido á situación actual provocada pola pandemia e a incerta situación respecto das clases escolares presenciais, e barallando a posibilidade de que parte do curso académico non fose presencial; proponse unha liña de axudas que cubra polo menos o 50% da compra dun ordenador portátil para a realización de tarefas escolares, destinado a estudantes veciños do concello, cun máximo de 300 euros por alumno, tendo que ser debidamente xustificada a súa compra así como o seu uso, pois trátase dunha iniciativa vinculada exclusivamente ao ámbito da formación educativa.

Rede wifi

Nun Concello rural é de vital importancia para o seu desenvolvemento que a veciñanza dispoña dunha rede wifi aberta. Atendendo deste xeito as necesidades de comunicación, sobre todo na acualidade, cando o teletraballo se está a significar como a ferramenta do futuro. Polo cal, desde o BNG demandamos dotar de rede wifi todas as escolas e centros sociais existentes no concello do valadouro.

0.17308783531189