O BNG e Marea Galeguista piden suspender as eleccións na Mariña

TerraChaXa
O BNG, tras unha reunión de urxencia da súa Executiva nacional, pide a suspensión das eleccións na comarca da Mariña ante a dimensión do rebrote da COVID19 con un cento de persoas contaxiadas polo virus e máis de 600 confinadas, nun contexto ademais no que falta un protocolo de actuación por parte do Goberno da Xunta, un plan de actuación que determine con meridiana claridade que pasos dar, que medidas tomar, que medios mobilizar ou cal debe ser a cadea de mando.
2020051913404173479 scaled e1594026424473
6 Xul 2020

O BNG, tras unha reunión de urxencia da súa Executiva nacional, pide a suspensión das eleccións na comarca da Mariña ante a dimensión do rebrote da COVID19 con un cento de persoas contaxiadas polo virus e máis de 600 confinadas, nun contexto ademais no que falta un protocolo de actuación por parte do Goberno da Xunta, un plan de actuación que determine con meridiana claridade que pasos dar, que medidas tomar, que medios mobilizar ou cal debe ser a cadea de mando.

Nestas circunstancias, o BNG considera que a única prioridade ten que ser a saúde das persoas, atallar o rebrote e minimizar as súas consecuencias, e que non se lle pode someter á veciñanza da comarca ao dilema de escoller entre a preservación da súa saúde no medio dun rebrote da pandemia e o seu dereito ao voto. Por contra, a veciñanza da Mariña ten dereito a poder exercer o voto coas máximas garantías de seguridade sanitaria que, a xuízo do Bloque, non se dan cando apenas faltan seis días para a cita coas urnas.

A formación que lidera Ana Pontón considera que, neste momento, a prioridade é garantir a saúde dos veciños e veciñas da Mariña e que, controlado e superado o rebrote, será momento de buscar a fórmula máis acaida para que poda exercer o seu dereito ao voto con todas as garantías tanto democráticas como sanitarias.

O BNG denuncia a improvisación e a irresponsabilidade coa que ten actuado desde o inicio deste rebrote o presidente da Xunta e candidato do PP, primeiro tentando minimizar o problema e despois tentando eludir a súa responsabilidade nos concellos. De feito, a día de hoxe, Galiza segue se ter un protocolo de actuación para afrontar un rebrote, que o BNG leva semanas reclamando.

Tamén, o candidato de Marea Galeguista, Pancho Casal, dixo onte que se os rebrotes de coronavirus na Mariña impedisen exercer o dereito ao voto aos veciños de determinados zonas da Mariña lucense, as eleccións autonómicas deberían volver aprazarse . "Se a Xunta non pode garantir totalmente o dereito electoral, habería que reformularse este campaña", dixo Casal.

0.2046160697937