O BNG en Castro de Rei protagonizou unha manifestación polo peche do consultorio do municipio
O Bloque Nacionalista Galego en Castro de Rei, coa concelleira Olga García á cabeza, volveu concentrarse coa veciñanza das parroquias afectadas polo peche do consultorio de Castro de Rei.
O consultorio de Castro de Rei leva todo o verán pechado e a veciñanza das parroquias afectadas teñen que desprazarse ata Castro Riberas de Lea para ter atención médica. “A veciñanza das parroquias afectadas xa estan cansas de que o PP os ningunee, o servizo médico precisase durante todo o ano”, declarou Olga García.
No último pleno, o BNG de Castro de Rei presentou unha moción para instar ao alcalde a que se posicionara de lado da veciñanza e esixise á Xunta de Galicia a apertura deste centro, esta moción ía acompañada de 200 sinaturas recollidas polas parroquias afectadas. “O grupo municipal do PP votou en contra desta moción, está claro de parte de quen esta o Sr. Balado e a súa equipa”, informa a concelleira nacionalista.
A concelleira subliñou que “é intolerableque as veciñas e veciños deste concello non contemos con servizos sanitarios dignos, supón unha vulneración flagrante dos dereitos fundamentais da veciñanza afectada pois impede o seu acceso á sanidade pública e afonda nunha maior desigualdade da poboación de concellos rurais” e incidiu en que “o peche deste consultorio é unha decisión política, decisión da cal o goberno municipal é cómplice” pois non se esta tendo en conta que a veciñanza de Castro de Rei ten que desprazarse 20 km ata o centro de Castro de Ribeiras de Lea o cal tamén esta con servizos baixo mínimos”.