O BNG en Guitiriz presentou a súa proposta sobre a suba dos prezos na feira de Parga

TerraChaXa
O BNG en Guitiriz realizou na feira de Parga un reparto informativo da campaña Contra a suba de prezos. Fagámonos valer!
campana suba prezos bng guitiriz
28 Mar 2022

O Bloque Nacionalista Galego en Guitiriz organizou un reparto informativo da campaña Contra a suba de prezos. Fagámonos valer!  na feira de Parga, na que se presentou o decálogo de medidas urxentes da formación nacionalista ante o brutal incremento dos prezos.

Algunha das medidas urxentes do decálogo do BNG son, por exemplo, a baixada do IVE dos bens e servizos básicos, como alimentos, hixiene ou transporte público. A intervención do sector eléctrico, para controlar os prezos, ou tamén, a protección do sector agro-gandeiro.

“Esta campaña vén denunciar a suba desproporcionada de prezos e a perda de poder adquisitivo das clases populares deste País, polas que o BNG impulsou un decálogo de medidas urxentes para paliar esta situación” declarou o concelleiro do BNG en Guitiriz, Xosé Lois González “Pereira”

Así, o concelleiro anunciou “o 3 de abril mobilizámonos en Compostela para frear esta situación insoportábel, non podemos consentir a parálise da Xunta de Galiza como do Goberno do Estado”

Neste senso, Pereira sinalou “facemos un chamamento á veciñanza de Guitiriz a participar nesta mobilización do BNG, hai alternativas para deter o empobrecemento da sociedade galega”

A manifestación nacional convocada polo BNG no 3 de abril en Compostela, sairá ás 12 horas desde a Praza 8 de Marzo-Porta do Camiño.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18187403678894