O BNG en Vilalba realizou un acto público aberto na praza das Mulleres no marco das europeas
O Bloque Nacionalista Galego en Vilalba realizou un acto público aberto na praza das Mulleres da localidade no que deu a coñecer as iniciativas de futuro no marco do programa electoral do BNG para as vindeiras eleccións europeas do 9 de xuño.
Contou coas intervencións do portavoz municipal, Constantino Alvite , a deputada do BNG no Parlamento galego, Montse Valcárcel e a nº 3 da candidatura ás eleccións europeas Mar Pérez. Mar Pérez puxo o acento na importancia de “ter voz propia” na Eurocámara.
“Sen o BNG non se levan demandas propias do noso país é así de claro”. A gandería de leite e carne de vacún é un bo exemplo. “Só o BNG defende en Bruxelas unha política agraria xusta para as gandeiras e os gandeiros do noso país, mentres o PP e o PSOE veñen defendendo unha política agraria lesiva para Galiza”.
"O Bloque ten propostas de futuro e achega propostas para construír unha Galiza mellor e para defender ao noso país”, subliñou Pérez.
Neste sentido, sinalou que dar voz nas institucións europeas ou sector agrogandeiro, ás enfermeiras en loita e ás afectadas pola macrocelulosa que o PP quere instalar en Palas de Rei, son algúns do exemplos que a candidata do BNG puxo como exemplo do traballo do Bloque na Eurocámara Segundo explicou Mar Pérez, “co noso traballo aspiramos a ser a voz de Galiza en Europa e mellorar a vida das persoas para atopar solucións, para reducir as desigualdades, para combater a discriminación, para facer e deixar un mundo mellor”.
Ademais, Mar subliñou que un obxectivo inalienable do BNG é “defender os intereses do Pobo galego fronte aos lobis que buscan espoliar os nosos recursos e que os fondos europeos non se malgasten” como quere facer o PP coa macrocelulosa de Palas de Rei.