O BNG falará en Friol de como potenciar o rural nunha charla

TerraChaXa | LugoXa
O BNG en Friol celebra un acto público, no que se falará sobre as posibilidades para poder potenciar as capacidades dun concello rural.
Acto BNG Friol Desenvolvendo o rural desde o Concello PORTADA
11 Mar 2023

O Bloque Nacionalista Galego en Friol celebrará un acto público hoxe, 11 de marzo, ás 17 horas no Centro Socio-cultural de Friol, no que se falará sobre as posibilidades que existen para poder potenciar as capacidades dun concello rural, neste caso desde a técnica e práctica, tendo un exemplo de goberno do BNG que levou a cabo este fin, Allariz.

Contará coas intervencións da candidata do BNG á alcaldía de Friol, Ada Blanco, a profesora da USC, Mar Pérez Fra, e o tenente de alcaldesa de Allariz, Bernardo Varela.

Ada Blanco declarou “este sábado o BNG dará a coñecer o rigor, a coherencia e a mostra da aposta real polo noso rural, como fixo no proxecto municipal en Allariz”.

Neste senso, a candidata á alcaldía fixo fincapé “defendemos que a política municipal debe servir para impulsar iniciativas que fixen emprego, sempre co apoio á actividade agro gandeira e dándolle valor aos nosos produtores locais, Allariz desenvolveu estes principios e converteuse nunha referencia a nivel europeo”.

Ada Blanco animou á veciñanza a participar neste acto “convido a todas as veciñas e veciños a que se acheguen este sábado para que coñezan o modelo BNG de concello, un modelo que ten como principio traballar polas persoas con servizos públicos e plena confianza nas potencialidades propias”.

Acto BNG Friol Desenvolvendo o rural desde o Concello
0.15002107620239