O BNG informa aos bombeiros dos acordos do Pleno do Consorcio Provincial

A iniciativa do BNG para que a dotación económica asginada pola Deputación de Lugo se poña a disposición das retribucións salariais do persoal dos parques comarcais de Lugo, para así, equiparar, nunha parte, o seu salario ao que percibe o persoal de outros parques do país foi aprobada no Pleno do Consorcio Provincial de Bombeiros.
Unha vez rematada a xuntanza os deputados provinciais mantiveron unha xuntanza cos bombeiros concentrados diante da Deputación para informarlos sobre os acordos acadados e dos compromisos adquiridos polas diferentes administracións que forman parte do consorcio.
Xosé Ferreiro sinalou que a Xunta de Galiza continúa a poñer trabas para aportar o 50 % restantes e pon como condición que se inicie o rescate do servizo e pase a ser cento por cento de titularidade pública.
Tamén se aprobou o comezo dunha investigación sobre os incumprimentos das empresas adxudicatarias que foron denunciados polos traballadores e que o BNG levou ao Pleno do Consorcio.