O BNG lanzará unha ofensiva para defender os intereses galegos en Madrid, incluídos os dos traballadores de Alcoa
Na primeira xuntanza da Executiva nacional, tras o período estival, a líder e portavoz do BNG, Ana Pontón, avanzou que o BNG impulsará “unha ofensiva social e institucional” para defender os dereitos galegos ante Madrid. Levamos catro meses perdidos que nos deixan unha mensaxe moi clara, afirma: “Ou alzamos a voz e nos facemos valer en Madrid, ou non haberá solucións”. Se Galiza segue ao ritmo das dúas últimas décadas todo seguirá igual porque as políticas do PP e do PSOE, sometidos a Madrid, son prexudiciais para os galegos e as galegas, explicou a portavoz nacionalista. E puxo de exemplo o que está a pasar con Alcoa.
Galiza vive a peor crise demográfica da súa historia, o Indice de Produción Industrial (IPI), en retroceso, baixan as exportacións un 10% mentres no estado subiron un 1,7% e máis empresas galegas seguen deslocalizándose como recentemente con R, matizan os nacionalistas.
Ademais, engadiu, a nacionalista, continuamos perdendo emprego industrial e tecido produtivo. Unha crise que afecta a sectores claves da nosa economía e que precisa solucións que non ofrecen nin PP, nin PSOE. Estamos vendo o caso de Alcoa. Onde o modelo enerxético do PP nos conduciu até aquí, e o PSOE non quixo cambialo, levándonos até unha situación límite e enganándonos con promesas sobre o estatuto das electrointensivas.
Sobre este extremo, Pontón criticou que Núñez Feixóo ante a débeda do estado con Galiza siga queixándose sobre os 700 millóns retidos pero “ queixarse non chega”, recalcou, por iso , “o BNG reta a Feixóo a presentar o recurso ante os tribunais” non só polos 700 millóns de euros. Sobre todo porque o modelo de financiamento para Galiza é “inxusto”.
Tras criticar a parálise política do estado produto do papel das forzas estais que “día si día tamén demostran que están instalados no curtopracismo, no partidismo cutre e na incapacidade para dar unha resposta ao momento que estamos vivindo” e que demostra a “decadencia que envolve a política madrileña”.
Despois das eleccións xerais, temos un panorama no que dereita, a través do Partido popular tenta branquear a extrema dereita “antigalega, xenófoba e machista” e por outra banda un Partido socialista, xunto a Podemos instalados no reproche e debate estéril.
Dende o BNG reclamamos menos escenificación e relato e máis política con maiúscula como demanda a cidadanía. Si a esquerda quere novas eleccións que sexa clara e diga que ese é o seu obxectivo.
“A Galiza neste escenario político vaille mal”, remarcou Pontón.
PROPOSTAS DO BNG
Durante estes meses constatamos que para as forzas estatais “Galiza non pinta nada” porque a política “só pensa en Madrid” e só temos unha opción, “ou alzamos a voz en Madrid, ou os galegos e galegas non teremos solución aos nosos problemas. Neste sentido, na Executiva nacional do BNG acordamos impulsar unha ofensiva social e institucional para defender os intereses de Galiza ante Madrid.
Entre as medidas da iniciativa, Pontón saliento: defender que o estado pague as débedas que ten con Galiza, 200 millóns de dependencia, 2.000 presupostados para Ave que non se executaron e o costes do porto exterior da Coruña, integramente.
Ademais engadiu que o BNG rexistrará iniciativas lexislativas, para derrogar todas as reformas que se impuxeron durante a crise e que limitan o noso autogoberno, incluídas as que obrigan a que desde Madrid se nos diga cal é o teito de gasto de Galiza e unha proposta no Parlamento, para que, antes de rematar o ano, sexa constituída unha ponencia para elaborar un novo modelo de financiamento. Pontón anunciou que o BNG presentará a súa proposta articulada de novo modelo para financiar Galiza.