O BNG leva ao Congreso a supresión do paso a nivel en Parga

TerraChaXa
O BNG suxire no Congreso a variante ferroviaria para supresión do paso a nivel da vila de Parga como parte das emendas aos orzamentos
parga non se rende
12 Nov 2022

O Bloque Nacionalista Galego da man do  seu deputado no Congreso, Néstor Rego, impulsará a posta en marcha do proxecto da variante ferroviaria que poña fin a división da vila de Parga por mor do paso a nivel.

Esta iniciativa preséntase a través das emendas do BNG aos orzamentos do Estado para o 2023.

A medida do BNG recolle as demandas da plataforma veciñal Parga non se divide, a que xa presentara unha alternativa ferroviaria cun proxecto técnico viábel, no que se propón un novo trazado desde a Ponte da Retorta até Recemil.

O concelleiro do BNG en Guitiriz, Xosé Lois González Souto Pereira sinalou “o BNG segue a traballar para pór fin á división de Parga; xa promovemos en varias ocasións con iniciativas  que o Ministerio tivera en conta as inquedanzas da veciñanza, mais é preciso xa unha dotación para pór en marcha este proxecto”.

Pereira lembrou que este proxecto acompaña a iniciativa do BNG para a modernización da liña ferroviaria Lugo-A Coruña “a electrificación da liña tamén supón a oportunidade de pór en marcha a fin da división de Parga, no que tamén fortalecemos a mobilidade sostible polo interior e a conexión co eixo atlántico”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18230509757996