O BNG leva ao Parlamento a construción dun centro de día en Vilalba

TerraChaXa
Esta iniciativa é impulsada a través das emendas aos orzamentos da Xunta para o ano 2025
olalla-rodil-bng-vilalba
5 Dec 2024

O Bloque Nacionalista Galego promove a través dunha iniciativa no Parlamento galego a creación dun centro de día público na localidade chairega. Esta proposta impulsase a través das emendas aos orzamentos da Xunta para o ano 2025.

A iniciativa do BNG demanda ao Goberno galego que se comprometa e destine partidas orzamentarias para a construción do centro de día, coa dotación de recursos precisos, tanto materiais como humanos.

Olalla Rodil , deputada do BNG no Parlamento Galego, explicou “Vilalba leva máis de 20 anos de espera, con continuos anuncios mais sen ningunha actuación da Xunta para a súa posta en marcha de verdade” e subliñou “desde o BNG levamos a construción ao debate destes orzamentos para que se poña en marcha canto antes, é unha débeda histórica con Vilalba e tamén coa comarca da Terra Chá”.

Rodil destacou que Vilalba como cabeceira de comarca, con máis de 14000 habitantes e cunha poboación maior que supón o 30 % “é vital contar con servizos públicos para garantir unha vellez digna e facer posíbel a conciliación familiar, xerando máis benestar” Este centro de día “é un compromiso concreto e urxente”.

Neste senso, a deputada fixo fincapé “a veciñanza leva demasiado tempo e nin o PP nin o PSOE dan cumprido as súas promesas para establecer este servizo público, mais o BNG seguirá a traballar para a creación deste servizo crucial; agardamos que o PP á fronte da Xunta non vote en contra desta proposta”.

0.16582202911377