O BNG logra aprobar no pleno de Viveiro a creación dun regulamento para o funcionamento municipal
O BNG de Viveiro clarexa sobre a celebración do último pleno municipal que a moción do grupo municipal do Partido Popular para o acceso á información de caracter municipal foi rexeitada ao presentar os nacionalistas unha emenda de substitución á súa moción. Entenden que a moción presentada polo PP consiste nun resumo do marco legal, polo que é totalmente innecesaria ao concederse xa por decreto de lei, mais consideramos que o acceso á información é un dos aspectos que deberan estar regulados no Regulamento Orgánico de Funcionamento Municipal, que a día de hoxe non existe no Concello de Viveiro e que se evidencia cada vez máis a súa necesidade.
Por todo isto, na nosa emenda de substitución instamos á corporación municipal de Viveiro a crear unha comisión de traballo, da que formarán parte as e os portavoces de todos os grupos políticos con representación na Corporación Municipal, para a elaboración do texto do Regulamento Orgánico de Funcionamento Municipal. A Comisión de traballo deberá ser constituída antes da celebración do próximo pleno.
O Regulamento Orgánico de Funcionamento Municipal deberá ser aprobado polo pleno da corporación no prazo máximo dun ano a contar desde a data de constitución da devandita Comisión de traballo, insta o BNG.
O resultado das votacións en pleno foron que votaron a favor, BNG, PSOE, PP e Por Viveiro e votou en contra Son Viveiro.