O BNG logra un acordo en Viveiro para pedirlle á Xunta o uso dunha parcela ao carón do Pazo da Misericordia

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A emenda do BNG de Viveiro no último pleno municipal, sobre a proposta de Son Viveiro referente á utilización pública das parcelas catastrais 21 e 22, con titularidade municipal, que se atopan fronte ao Pazo da Misericordia, foi aprobada despois de propoñer dende o BNG darlle un mellor aproveitamento a este espazo público.
12 sep 2019

O BNG considera que debe xestionarse coa Xunta de Galiza a cesión dun pequeno espazo “triangular” na mesma curva (aparece no plano representado en cor lilá), hoxe zona verde do Centro de Formación Profesional (Parcela 07), para engadirllo á parcela 22. Resultando este espazo público mellor conectado coa beirarrúa ao estar aberto e non pechado como se atopa na actualidade.

A votación en pleno á emenda foi de xeito que a favor votaron o BNG, PSOE, PP, Por Viveiro e Son Viveiro, polo que resultou aprobada.

0.15094590187073