O BNG mindoniense presenta a candidatura completa coa que concorrerá ás vindeiras eleccións municipais do 26 de maio
A candidatura está encabezada polo actual portavoz municipal no concello de Mondoñedo, Eloi Cabanas Ramos, que declara que o novo proxecto co que se presenta a formación nacionalista a estas eleccións “combina a experiencia e a solvencia dos que xa formaron parte da corporación en anos anteriores e a ilusión e o compromiso de traballo das novas incorporacións”.
Para Eloi Cabanas, esta lista demostra que en Mondoñedo hai futuro, “queremos liderar un goberno nacionalista e de esquerdas no concello, con xente capaz e con novas ideas para desbotar o conformismo e mudar a realidade cotiá dos nosos veciños e veciñas”.
“É posible facelo, e de feito estámolo a facer alí nos concellos onde gobernamos como Ribadeo, Pontevedra, Allariz ou Carballo”.
O BNG declara que a súa aposta de goberno para os vindeiros 4 anos estará baseada en traballar para cumprir os acordos plenarios promovidos polo BNG nos pasados catro anos, corrixir as deficiencias no mantemento das infraestruturas e os espazos públicos, mellorar o benestar social da veciñanza e loitar por un rural vivo con políticas para frear o declive demográfico que padece o concello.
“A nosa prioridade absoluta, en definitiva, será a de abordar estratexias dirixidas a recuperar o dinamismo económico e a creación de emprego no noso concello, e para iso tamén é preciso un goberno reivindicativo que non sexa compracente cos gobernos doutras administracións”, conclúe.
Candidatura completa do BNG de Mondoñedo
-
Eloi Cabanas Ramos. Bombeiro Forestal do Servizo de Defensa e Prevención Contra Incendios Forestais da Xunta de Galicia. Actual portavoz de BNG no concello.
-
María Elena Freire Castro. Dependenta, concelleira do BNG.
-
Josefa Carballeira Díaz. Desempregada.
-
André Outeiro García. Traballador autónomo nunha empresa local das TICs.
-
Manuel Anllo Centeno. Graduado en Turismo.
-
Clara Vila Vázquez. Estudante do Grao de Dereito.
-
Pablo Rodríguez García. Graduado en Arquitectura Técnica, Técnico de Obra.
-
Amador Pumariño Pérez. Técnico Superior Deportivo, Diplomado en Educación Primaria e licenciado en Psicopedagoxía. Monitor Deportivo e Entrenador Persoal.
-
María Esmeralda Irimia Balseiro. Técnica en Emerxencias Sanitarias do 061 de Galiza.
-
Feliciano Berdeal-González Berdeal. Fontaneiro autónomo.
-
María del Carmen Maseda Díaz. Técnica en Coidados Auxiliares de Enfermería no Hospital Público da Mariña, concelleira do BNG.
Suplentes
-
María Amandina Salgueiro Castro. Técnica en Atención Sociosanitaria en Institucións Residenciais.
-
Francisco González Olveira. Traballador por conta allea.
-
Yolanda Pumariño Pérez. Mestra de Primaria e dona dunha librería en Lugo.
-
Manuel Orlando González Cruz. Médico xubilado, Ex-alcalde de Mondoñedo.