O BNG organiza na Casa da Cultura de Vilalba un acto público sobre Castelao
TerraChaXa
No evento participarán o responsábel local do BNG, F. Xabier Novo, e a escritora e divulgadora Marta Dacosta

28 Mar 2025
A Casa da Cultura Manuel María de Vilalba acollerá mañá sábado, 29 de marzo, ás 20:00 horas, un acto público no que se abordará a figura de Castelao como nacionalista galego. No evento participarán o responsábel local do BNG, F. Xabier Novo, e a escritora e divulgadora Marta Dacosta, quen ofrecerá unha charla centrada na relevancia de Castelao no ámbito do nacionalismo galego.
Este acto enmárcase na conmemoración dos 75 anos do falecemento de Castelao, lembrando a súa figura como referente cultural e político en Galicia.