O BNG organiza un acto sobre o concerto económico en Vilalba

TerraChaXa
Será este xoves 19 de decembro de 2024, ás 20:00 horas, na Biblioteca Pública
acto-publico-bng-vilalba
18 Dec 2024

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Vilalba celebrará un acto público este xoves 19 de decembro de 2024, ás 20:00 horas, na Biblioteca Pública de Vilalba. O evento, que leva por título Galiza coa chave dos seus cartos, centrará o debate na necesidade dun concerto económico específico para Galicia.

No acto intervirán F. Xabier Novo, responsable local do BNG en Vilalba, e o economista Rubén Cela, quen abordará as cuestións económicas e responderá ás dúbidas que a veciñanza desexe expoñer.

Esta xornada está aberta a toda a cidadanía e pretende pór en valor a importancia de que Galicia conte cun maior control sobre os seus recursos financeiros, co obxectivo de avanzar cara a unha maior autonomía económica.

0.16231417655945