O BNG organiza en Pol unha xornada para falar de distancias de seguridade nas plantacións

Pol
TerraChaXa
O BNG celebra en Pol unha xornada sobre as distancias das franxas de seguridade fronte aos incendios e a Lei de Montes.
47682832_2334586586565344_5928143599739863040_o
12 Dec 2018

O BNG celebra en Pol unha xornada sobre as distancias das franxas de seguridade fronte aos incendios e a Lei de Montes. O BNG organiza este acto para informar e concienciar sobre a importancia que teñen os labores de prevención para evitar ou minorar o número de incendios e as súas graves consecuencias ambientais, económicas, sociais  e humanas.

Na charla intervirán Branca Fernández integrante do BNG de Pol;  Olalla Rodil, deputada no Parlamento Galego, e Fátima Docio, técnica da oficina agraria de Meira. Explicarase a normativa que define as distancias de plantación de especies arbóreas a casas e terras de cultivo. A charla celebrarase o xoves 13 de decembro  no Restaurante Saleta, ás 22:00 horas

0.17799687385559