O BNG pide ao Goberno a 'adquisición pública' de Alcoa para garantir o emprego mentres non apareza un investidor privado

TerraChaXa | AMariñaXa
A deputada do BNG, Noa Presas pediu hoxe ao Goberno galego a “adquisición pública” de Alcoa para  garantir o emprego mentres non apareza un investidor privado solvente.
13 Maio 2019

A deputada do BNG, Noa Presas pediu hoxe ao Goberno galego a “adquisición pública” de Alcoa para  garantir o emprego mentres non apareza un investidor privado solvente.

Ademais, a proposta defendida pola nacionalista reclama da Xunta a elaboración de estudos xurídicos e económicos para que o Goberno central axilice a adquisición pública no próximo mes de xullo.

A parlamentaria do BNG, tras saudar aos membros do comité de Alcoa presentes na tribuna de convidados, explicou que Alcoa Coruña conta con 400 postos de traballo directos e centos indirectos ao que sumou as consecuencias do emprego tras a  ameza da multinacional sobre a fábrica de San Cibrao pola súa incidencia económica na Mariña lucense.

Por outra parte, lembrou que a planta de alúmina en Cervo emprega a  máis de 500 persoas, e a  de aluminio fai que o complexo industrial chegue a rondar os 1.200 traballadores e 2.000 en empresas auxiliares.

Na súa intervención, Noa Presas pediu ao goberno que non se colocara de perfil e puxera en marcha todos os mecanismos para impedir o peche de  Alcoa. Dende a tribuna   e mostrou  un informe da Universidade da Coruña, “serio e rigoroso” que avala a “legalidade e viabilidade da adquisición pública das fábricas de Alcoa a través da SEPI”.

No pleno pasado, lembrou a nacionalista, abordabamos a crise da industria galega, particularmente da industria electrointensiva.

Acompañábanos na tribuna traballadores de Alcoa agardando solucións a unha crise que cada vez ten menos tempo por diante para resolverse pero o que recibiron do goberno foi “un mitin preelectoral”.

Dende o BNG, hoxe volvemos a pedir “responsabilidade e planificación” e seguimos agardando a que o goberno dea o seguinte paso asumindo que resulta “indecente” que un país que exporta un 35% de enerxía para o resto do Estado pechen empresas polo prezo da enerxía.

A inestabilidade do sistema de interrumpibilidade deixounos crises en varios momentos, tamén para Alcoa, pero esta é a máis grave da historia. Unha crise nacida da política enerxética do PP que deseñou o marco das poxas e reducindo os tempos dun ano a seis meses engadindo grandes incertezas. “O Partido popular galego non fixo valer o seu peso político no Estado e ao PSOE faltoulle valentía”. Estamos, nun momento crítico porque  descoñecemos se hai compradores viábeis, ou que  pasará o vindeiro 1 de xullo se non hai comprador polo que volveu reclamar o apoio do Parlamento galego á iniciativa do BNG.

“Rectifiquen a súa política  e cumpran os puntos acordados no Parlamento o pasado día 23 de Outubro. Incorporen á parte social á mesa de traballo do sector electrointensivo e defendan unha tarifa industrial que contemple a condición de Galiza de excedentaria na produción eléctrica.”

A parlamentaria do BNG rematou a súa intervención reiterando a necesidade de buscar un consenso para a “adquisición pública de Alcoa” e para  tomar esta medida, recalcou non é preciso pedir autorización a Unión Europea, só e necesaria “vontade política”.

0.18402314186096